miércoles, 19 de noviembre de 2008

11º MOMENTO - MÉRCORES 19 NOVEMBRO

Hoxe foi o último día no que traballamos coa casa de Menta, posto que xa está totalmente rematada. Xa que días atrás decidíramos poñerlle a casa un nome e asignámoslle un número pensamos que sería convinte colocar xunto a ela un cartel no que se anunciase o seu nome: Green Troncaixiña. Para conseguilo pintamos un pau de madeira de verde e escribimos en dúas táboas o nome e o número da casa.

Fai un tempo ocorréusenos facer un diccionario adicado en exclusiva a casa de Menta con definicións nosas, durante parte da mañá traballamos con ese tema. Pola tarde plasmamos nuns folios a imaxe que cada un nas súas cabezas tiña sobre a propia casa (por dentro e por fora). Noutra ficha escribimos o nome da casa e na volta da folla debuxamos un muro e cunha plantilla o número da casa.

1 comentario:

Bea dijo...

Ola!! encántame o teu blog por iso lle otorgo un premio, que debes pasar a recoller visitando o meu.
Grazas!!

http://ratosdeescola.blogspot.com