Chega unha caixa sorpresa a nosa aula. Os nen@s abren a caixa vermella con moita intriga. ¿Que haberá nela? Descubren que son miniladrillos e miniazulexos. Con eles terán xogar a construir cousas.
Menta ten 5 anos, é moi graciosa e falangueira. As súas dúas aliñas permítenlle voar polos ceos sempre que o desexa. Gústanlle moito os animais e ponse furiosa se ve que alguén non os coida como merecen. Tamén lle gusta adornarse con follas de menta. Cando fala, sorprende a todos cos seus enxeñosos comentarios. A súa impulsividade fai que se meta en máis dunha lea ao defender as inxustizas que atopa no seu camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario