As mestras entregan os alumn@s unha ficha na que aparecen recollidas catro follas de menta. Os alumn@s deberán pintalas con acuarelas para logo recortalas co punzón. Posteriormente valerán para decorar a casa da nosa mascota.
Menta ten 5 anos, é moi graciosa e falangueira. As súas dúas aliñas permítenlle voar polos ceos sempre que o desexa. Gústanlle moito os animais e ponse furiosa se ve que alguén non os coida como merecen. Tamén lle gusta adornarse con follas de menta. Cando fala, sorprende a todos cos seus enxeñosos comentarios. A súa impulsividade fai que se meta en máis dunha lea ao defender as inxustizas que atopa no seu camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario