miércoles, 8 de octubre de 2008

1º MOMENTO - MÉRCORES 8 OUTUBRO












Hoxe é mércores e será o día co que se traballe co proxecto durante as semanas que dure.

Daniel foi o encargado de aula do martes e como xa tiñamos previsto levou a Menta para a súa casa e o chegar a aula e logo de participar na primeira rutina (poñer o mandilón) conta a clase que fixo a mascota durante a estancia na súa casa.

Mario é o encargado do día de hoxe, escribe na pizarra o día que é a estación, o tempo que fai, reparte estuches...

A mestras teñen unha sorpresa que son unhas ramiñas de menta (de verdade). Os alumn@s perciben a planta con todos os seus sentidos, o tacto, olfato... Frotamos un pouquiño a folla e... ummm !que olor máis rico!, ¡E menta!...

Repártense uns folio que terán que dobrar a metade para logo escribir por fora a palabra MENTA e debuxar as folliñas que teñen nas súas mans. Colocarán folla por folla no interior do folio para poder conservalas e traballar con elas máis adiante.

[Se queredes ver como quedou este traballo ide a marxe dereita a presentación da 1ª sesión].

Despois de coñecer a planta de menta comezamos a facer as preguntas para comezar co proxecto.

Xa pola tarde comezamos polo primeiro apartado da categorización que consistía en coñecer as casas nas que viviu o home. Farémolo a través de imaxes de castros (Cibdá de Borneiro), o libro la casa y el hogar ayer y hoy y el libro los bolechas quieren saber... como era un castro.