Hoxe foi o último día no que traballamos coa casa de Menta, posto que xa está totalmente rematada. Xa que días atrás decidíramos poñerlle a casa un nome e asignámoslle un número pensamos que sería convinte colocar xunto a ela un cartel no que se anunciase o seu nome: Green Troncaixiña. Para conseguilo pintamos un pau de madeira de verde e escribimos en dúas táboas o nome e o número da casa.
Fai un tempo ocorréusenos facer un diccionario adicado en exclusiva a casa de Menta con definicións nosas, durante parte da mañá traballamos con ese tema. Pola tarde plasmamos nuns folios a imaxe que cada un nas súas cabezas tiña sobre a propia casa (por dentro e por fora). Noutra ficha escribimos o nome da casa e na volta da folla debuxamos un muro e cunha plantilla o número da casa.
miércoles, 19 de noviembre de 2008
lunes, 17 de noviembre de 2008
domingo, 16 de noviembre de 2008
9º MOMENTO - MÉRCORES 12 NOVEMBRO
Nunha sesión anterior estivemos traballando con ladrillos pequenos, neste momento concreto empregaremos os ladrillos para construir unha parede na que graffitearán o nome da casa de Menta e o número.
Despois de ter rematado o muro xogan a unha aplicación en Jclic onde interiorizarán aqueles conceptos que teñen que ver cos planos das casas.
Os mobles da casa de Menta sengundo tiñan decidido os nosos alumn@s faranse con caixas de cartón. Pintarémolas caixas da cor do espacio que lle corresponda a cada unha para logo pegarlle a imaxe do moble que representa.
martes, 11 de noviembre de 2008
8º MOMENTO - 5 NOVEMBRO
Presentamos os nen@s da nosa aula o libro "Teo na casa" e concretamente unha das páxinas nas que fai referencia a unha perspectiva aérea (vista dende enriba). A continuación volvemos os espacios do plano da casa de Menta que tiñamos elaborados a través de folios de cores. Terán que colocar os nome no espacio correspondente e a continuación os mobles e elementos que caracterizan a cada unha das partes da casa.
Xa pola tarde e posto que en días anteriores xa estiveramos traballando na tarefa de pintar e recortar follas, chegou o momento e pegalas no teito da casa como se fosen tellas.
Menta é moi amiga do vento e a súa casa está rodeada de viraventos. Confeccionamos muiños de vento decorándoos cos motivos da vestimenta de Menta.
lunes, 10 de noviembre de 2008
7º MOMENTO - 29 OUTUBRO
6º MOMENTO - MIÉRCOLES 22 OUTUBRO
martes, 21 de octubre de 2008
5º MOMENTO - MARTES 21 OUTUBRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)