lunes, 20 de octubre de 2008

4º MOMENTO - MÉRCORES 15 OUTUBRO













Xa de mañá acudimos a aula de informática do centro. O primeiro será presentar os alumn@s este blog, que xa coñecían de oidas, pero moit@s será a primeira vez que o vexan. Coa nosa axuda escribirán a dirección do blog na fiestra correspondente: http://unhacasaparamenta.blogspot.com/. Navegan polo blog.

A continuación imos o navegador Google e escribimos as palabras clave: CASTROS DE GALICIA e buscamos imaxes, as gardamos nunha carpeta creada no escritorio do ordenador.

Logo de traballar un pouco coa creación da carpeta e gardando imáxenes entramos nunha páxina de contidos educativos da xunta na que disfrutarán da visualización dun plano. http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2004/c/casa/WEB/index.html.

Por último e para rematar xa a mañá xogamos na páxina de lego cun xogo adicado o acondicionamento dunha casa: http://belville.lego.com/en-us/games/DollHouse.aspx

Xa pola tarde e logo de entregarlles uns planos para que se familiaricen con eles adicámonos a elaborar o plano da casa de Menta. Xa temos as caixas de fruta colocadas axeitádamente para a casa de Menta facemos visualizar os rapaces/as o que serían os espacios do plano desa casa. Para elo primeiro traballarán con cinta aislante adhesiva sobre o chan debuxando ditos espacios. Logo pasaremos a papel, aproveitando o formato DIN A4 que é exactamente o mesmo tamaño que o do espacio das caixas. Primeiro decidiremos cal será a cor dos espacios para poder coller os folios de dita cor. Deciden que o DORMITORIO será AZUL, o SALÓN - VERMELLO, a COCIÑA - LARANXA, o CUARTO DOS XOGUETES - AMARELO e o BAÑO - VERDE. Collemos os folios desa cor e elaboramos os espacios do plano.

Comezamos a pintar o dormitorio e o salón en grupos dous grupos.

No hay comentarios: