lunes, 20 de octubre de 2008

2º MOMENTO - LUNS 14 OUTUBRO

Casas para Menta


Hoxe é luns día 13 de Outubro e aínda que non é o día específico co que traballamos con Menta aproveitamos a tarde para facer algunha actividade arredor da casa para a mascota.

As mestras entregan ós alumn@s unha ficha na que aparece representado o tronco dunha árbore, os nen@s deberán completar o debuxo coa casa que cada un crea convinte para Menta. Os resultados son os que aparece nas imáxenes.

Cando rematamos de elaborar o debuxo propoñemos que inventen un nome para a casa. Escribimos na pizarra palabras relacionadas co tema da casa: CASA, ÁRBORE, TRONCO, CAIXA, VERDE... Entre todos decidimos que o que sí debía aparecer no nome para a casa é verde en inglés: GREEN. Xuntamos a palabra TRONCO coa palabra CAIXA = TRONCAIXA, e máis adiante surxen TRONCAIXETA e TRONCAIXINA. Facemos unha votación para decidir cal é o nome que triunfa. Deciden que será: GREEN TRONCAIXIÑA.

Antes de finalizar a clase propoñemos a construcción libre coas caixas de froita que hoxe luns trouxeron a aula os rapaces.

No hay comentarios: