lunes, 20 de octubre de 2008

3º MOMENTO - MARTES 14 OUTUBRO




Logo de facer as rutinas na aula achegamos os alumn@s unha presentación power point do libro ¿QUIÉN CONSTRUYE TU CASA? que o temos recollido na marxe dereita do blog. A presentación incide nos oficios daquelas persoas que traballan na construcción dunha casa: albanel, carpinteiro, fontaneiro...

De seguido abrimos unha aplicación en pdf na que contemplamos unha serie de casas moi distintas na que os nen@s discriminan aquelas cousas que caracteriza a cada unha.

Pensando no interior da casa definiremos aquelas partes das que constan: COCIÑA, SALÓN, BAÑO, DORMITORIO...

Para ser máis conscientes de todo esto entregamos os nen@s un libro: LA CASA DE MUÑECAS, que se trata dun desplegable que se convirte nunha casa en 3D.

Unha vez que xa teñen interiorizado dalgún modo aquelas partes que pode ter unha casa centrámonos no dormitorio. Terán que facer un collage recortando imaxes de distintas revistas.

No hay comentarios: