martes, 11 de noviembre de 2008

8º MOMENTO - 5 NOVEMBRO












Presentamos os nen@s da nosa aula o libro "Teo na casa" e concretamente unha das páxinas nas que fai referencia a unha perspectiva aérea (vista dende enriba). A continuación volvemos os espacios do plano da casa de Menta que tiñamos elaborados a través de folios de cores. Terán que colocar os nome no espacio correspondente e a continuación os mobles e elementos que caracterizan a cada unha das partes da casa.

Xa pola tarde e posto que en días anteriores xa estiveramos traballando na tarefa de pintar e recortar follas, chegou o momento e pegalas no teito da casa como se fosen tellas.
Menta é moi amiga do vento e a súa casa está rodeada de viraventos. Confeccionamos muiños de vento decorándoos cos motivos da vestimenta de Menta.

No hay comentarios: